Folla da actividade
Organiza: ARCA.
Prezo: gratuíto.
Requírese reserva: SI (*)
Lugar: zona xuvenil.
Horario: de 16:00 a 21:00.
Actividade recomendada para persoas a partir dos 12 anos.

Descrición da actividade
¿Queres vivir unha experiencia similar á dos condutores de autobús? Ven á zona xuvenil e goza por un intre da experiencia de conducir un autobús co Simulador de condución de autobuses que os mozos de ARCA poñen á vosa disposición!
O simulador incorpora pezas de autobuses históricos reais, para facer a experiencia a bordo aínda máis orixinal e realista.
* Para poder gozar desta experiencia, debrédes coller turno no propio espazo xuvenil e agardar a que as persoas responsables chamen o voso número.