02. Hispano Suiza 12/15 (1909)

Datos de referencia

  • Chasis: Hispano Suiza 12/15
  • Motor: Hispano Suiza de 4 cilindros, 2212 cm³ e 20 CV
  • Carrocería: descoñecido
  • Posta en servizo: 1909
  • Calca: non o ten
  • Prazas: 15
  • Matrícula: B-352

Reseña histórica

Hispano Suiza: pioneira da automoción en España

A Hispano-Suiza comezou a fabricar automóbiles arredor de 1905, e sería, de lonxe, o fabricante español de maior traxectoria, producindo vehículos baixo ese nome ata 1946, e continuando posteriormente coa marca Pegaso ata 1994.

Dentro da gama de modelos Hispano-Suiza da época, este xassís, que comezou a producirse en 1908, era o máis pequeno e económico, tal e como destacaba o fabricante na súa publicidade.

A carrocería é a clásica pechada da época, derivada do tipo limousine: unha berlina-galera co condutor e o axudante sentados diante, sen portas, un primeiro compartimento nobre con asento transversal e porta no lateral esquerdo, e un segundo compartimento tipo galera, cos pasaxeiros sentados de costas aos laterais e porta de acceso traseira. A estrutura é de madeira de freixo forrada, con pouco espazo interior e unha baca para equipaxes no tellado.

Sorprende que a porta lateral estea só na esquerda, a pesar de circular pola dereita, aínda que parece que era a custa habitual da época.

Fotografías

Hispano Suiza 12/15
Hispano Suiza 12/15